Blogia
Andresadas

"Non á política da indecencia" as cadeas rebélanse

"Non á política da indecencia" as cadeas rebélanse Tres cadeas norteamericanas de grande prestíxio e importáncia como son CBS, NBC e Fox manifestaron o seu inconformismo coas estritas normas e controles que se estableceron nos contidos dos medios informativos nos Estados Unidos. Unha organización chamada TV Watch, agrupa a todas aquelas asociacións e profisionais que estexan indignados con esta situación. O grupo define-se a si mesmo como "coalición de organizacións e indivíduos", e afirman que a responsabilidade de que os nenos vexan unha cousa ou outra en televisión, deberia ser dos pais, non do goberno.

Entre os grupos que se mostran en contra desta série de medidas gubernamentais destacan os seguintes:
Viacom- CBS, MTV e Nickelodeon.
News Corporation- The Sun, e The News Post (diarios), ademáis da cadea Fox.

A estes importantes grupos engádeselle outro menos coñecido pero tamén de especial importancia: a Cámara de Comércio, asociación na que están involucrados varios profesores universitarios e intelectuais de todo tipo. Un actor recoñecido deste grupo é Joe Palontiano (actor De Os Soprano).).

Tralo pezongate, o que supuxo unha multa millonaria para Viacom, os Estados Unidos viven nunha sociedade que lles engana ainda mais se colle, xa que non reciben a información limpa e clara. Cada cal ten a súa opinión, diso non cabe dúbida... Pero, ¿ten sentido este tipo de política?

1 comentario

Duffman -

K pasa Andrers! E que é imposíbel que exista un "güebló" que sexa medianamente critico e que non teña un artigo que teña vinculacion algunha cos EEUU de Norteamerica.
Así se pudran no inferno os putos "yankees" e a súa estupida moral.
Unha das ultimas novas no referente a este tema, é o desexo do radical e ultraconservador George Bush, de colocar un satelite que recibe a info 30 segs antes de que sexa emitida polos medios, para asi poder filtrar a informacion a observar polos cidadans.
Unha vez acadado iso, terian se cabe, unha maior capacidade de manipulacion sobre os estadounidenses.
Dalle caña artista, e que corra a voz...